13/12/12

Reunión-comida o 20 de decembro



Despois das clases, quedaremos na MeGaBiblioteca para compartir charla e bocata...
Falaremos de La nieta del señor Lihn, e repartiremos a lectura de xaneiro.
Vinde preparados. Despediremos as sesións do club deste 2012 para entrar con bo pé no 2013!!!

12/12/12

Reunión xoves 13 de decembro no 2º recreo

Precisamos vervos cinco minutos porque temos grandes sorpresas para vós: recados, propostas...
Vémonos no 2º recreo na biblioteca. Traede os exemplares de Cartas de amor e La nieta del señor Lihn (este último para intercambialo).

4/12/12

Mércores 5 de decembro, reunión no 2º recreo.

O 5 de decembro do 2012, haberá unha reunión no segundo recreo do clube de lectura. Traede os exemplares dos libros Cartas de amor, para devolvelos, e, o que estamos a ler, La nieta del señor Lihn.

27/11/12

Mércores 28 de novembro, recibimos Cartas de amor

O mércores 28 de novembro reunirémonos para charlar sobre os relatos de Fran Alonso recollidos en Cartas de amor. Vinde preparad@s para compartir risas (e as bágoas que algúns botáchedes durante a lectura).
Traede os exemplares que nos prestaron os IES de Fene, de Mugardos, de Catabois, de Silleda e do Antón Losada. Grazas a todos. Este curso non sobreviviríamos sen a xenerosidade dos clubes de lectura que nos proporcionan exemplares para distribuír entre os 37 lectores que formamos o club.
Vémonos na MeGaBiblioteca ás 16,30.
Páxina de Fran Alonso na AELG
Blog de Fran Alonso Cabrafanada
Podes consultar estes materiais de calidade elaborados por profesores galegos:
Blix
"Vigo nunha carta de amor" no blogue Revolta da freixa.
Guía de lectura  de Cartas de amor elaborada por IES Pino Manso

11/11/12

Martes 13, no 2º recreo mini reunión

No 2º recreo do martes 13, vémonos un momento para organizar o cambio de exemplares de Cartas de amor, comprobar se o número é suficiente... e as primeiras impresións... Traede os exemplares se os tendes.

22/10/12

Mércores 24 de outubro: primeiro encontro do curso

O mércores 24 de outubro (Día da Biblioteca Escolar) celebraremos a nosa primeira charla deste percorrido, é o noso particular quilómetro 0.  Xuntaremosnos ás 16.30 na biblio para comentar Mil soles espléndidos (ou o que nos dou tempo a ler ate o momento), sensacións sobre a obra, e.... (Tranquis, non virá o autor da novela).
Alí nos vemos. Recordade traer os exemplares que nos prestaron do IES de Monterroso.

17/6/12

Comida do 20 de xuño de picnic, se o tempo o permite

O mércores 20 de xuño celebramos o remate do quinto ano do club de lectura. Para desexarnos boas lecturas no verán, teremos unha animada reunión de CCC (comida, charla e Conan Doyle). Non esquenzades nin o exemplar de Estudio en escarlata (temos que devolvelos ás bibliotecas do CPI Afonso VII, do IES Aquas Celenis e á Municipal d'A Estrada que nolos emprestaron) nin o bocata.
Imos enfriando os refrescos:)

25/3/12

Martes, 26 de marzo, no 2º recreo

Martes 26 de marzo, vémonos no 2º recreo para distribuír as novas lecturas e recoller os exemplares de Skármeta.

13/3/12

Mércores, 14 de marzo: Skármeta agárdanos


Outra volta máis retomamos a Antonio Skármeta, un dos autores ben queridos no club. Vinde cos exemplares de No pasó nada e El cartero de Neruda... Vémonos ás 16,30 na biblio.

7/2/12

En febreiro, Wilde, Wilde


Vémonos o mércores 8 de febreiro para charlar doblemente sobre Wilde: O retrato de Dorian Gray e A pantasma de Canterville. Recorda que a conversa comeza ás 16,30 horas.
P.D. Non sabemos se poderá acudir o autor, pero haberá sorpresas...

15/1/12

Suso de Toro compartiu charla con nós



O mércores 11 de xaneiro Suso de Toro estivo no noso club de lectura falando de Calzados Lola e A sombra cazadora. Como moitos membros non puideron acudir polo conservatorio e os irmáns aos que coidar,... lles mostramos dúas imaxes para darlles envexa... O biscoito delicioso, os bombóms máis e o autor foi tan ameno e tan xeneroso que se nos fixo de noite sen darnos de conta.

8/1/12

"Calzados Lola" e "A sombra cazadora" en xaneiro



Sen pensalo entramos no 2012... e retomamos as conversas do club. Reunímonos o mércores 11 de xaneiro para compartir a charla en torno a dúas novelas de Suso de Toro, Calzados Lola e A sombra cazadora.
Vémonos na biblioteca ás 16,30.